Unha mariscada
Algo imprescindible en Vigo? Unha mariscada. Preguntes a quen preguntes, a resposta é ineludible: os visitantes máis asiduos xa saben que gozar dunha mariscada é algo que non te podes perder en Vigo. A mariscada auténtica consiste nunha gran bandexa de marisco da ría de Vigo, variado e moi difícil de encontrar noutras rexións de España. Sempre debe conter centola da ría, nécora, gamba ou lagostino, e pode levar mexillóns, percebes e camaróns, pero encontrarás infinitas combinacións nas mariscarías de Vigo.
