Valadares

Terra de montes

Valadares é unha parroquia verde, flanqueada polos fermosos montes dos Pozos, Alba e Galiñeiro. Con case 13 km², é a fronteira de Vigo co Val do Fragoso e o Val Miñor. No monte do Galiñeiro, a mellor zona para practicar a escalada en Vigo, hai unha ruta arqueolóxica para ver as decenas de petróglifos que se conservan, e o Alba e o Monte dos Pozos son o sitio ideal para gozar de Vigo en familia. Ambos son parques forestais habilitadas con zonas de grella e sendeiros sinxelos para percorrer andando ou en bici.

No te perdas a celebración gastronómica por excelencia deste barrio: a festa do polbo, no Monte dos Pozos a mediados de agosto.

Pistas e recomendacións: 

Paga a pena visitar o conxunto da igrexa parroquial, de finais do século XVII. Ademais, Valadares ten catalogados 240 hórreos centenarios que os seus veciños chaman cabanas.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Habitantes: case 5.500