Actualidade

xoves, 2 Outubro, 2025 - 00:00
Turismo de Vigo

Sen plans para viaxar nesta época? Fai as maletas e ven a Vigo. 

Chegou o outono, e con el, un dos mellores momentos do ano para gozar dos parques e bosques de Vigo. A luz é máis tenue e as follas das árbores caen deixando unha fermosa alfombra multicolor irresistible para os amantes da fotografía.

E si o teu é o deporte, o cinto de parques forestais que rodean a cidade, fana ideal para saír a facer sendeirismo ou...

sábado, 24 Maio, 2025 - 15:29
Turismo de Vigo

En toda Galicia celebramos con rituais máxicos ancestrais a Noite de San Xoán, que sinala o comezo do verán e do triunfo da luz solar. O lume, a auga e as herbas aromáticas convértense en sortilexios da boa sorte para as colleitas que se aveciñan. Podes gozar das fogueiras e das sardiñas con pan de millo e viño tinto en todos os recunchos de Vigo.

Pero antes tes que subir ao faro das Cíes para ver a primeira posta de sol do verán no Atlántico e a chegada da noite máis curta. A baixa contaminación...

xoves, 8 Maio, 2025 - 16:15
Turismo de Vigo

 

San Xoán en Vigo é unha experiencia máxica. A tradición de celebrar a noite máis curta do ano remóntase a épocas moi anteriores ao cristianismo, coa celebración do solsticio de verán, na noite do 23 ao 24 de xuño. Os nosos antepasados temían que o sol non volvese ao seu total esplendor. Por esta razón, iniciaban ritos de fogo purificadores ao atardecer, para simbolizar o poder do sol e axudarlle a renovar a súa enerxía.

Vigo celebra San Xoán con entusiasmo, en torno ás fogueiras e...

mércores, 1 Xaneiro, 2025 - 09:03
Turismo de Vigo

Vigo é o mellor destino para empezar a coidarte e cumprir os teus propósitos de ano novo.

Que mellor xeito de coller forzas para o ano entrante que relaxándote nun spa, balneario ou talaso! Ven ás Rías Baixas e elixe o tratamento que mellor se axuste ás túas necesidades, xa sexa terapéutico, lúdico, de beleza ou de relax. Para os que nos visitan por negocios,  contamos tamén con numerosos spas urbanos onde deixar atrás o estrés dunha intensa xornada laboral, entre outros...

Páxinas