Actualidade

xoves, 2 Outubro, 2025 - 00:00
Turismo de Vigo

Sen plans para viaxar nesta época? Fai as maletas e ven a Vigo. 

Chegou o outono, e con el, un dos mellores momentos do ano para gozar dos parques e bosques de Vigo. A luz é máis tenue e as follas das árbores caen deixando unha fermosa alfombra multicolor irresistible para os amantes da fotografía.

E si o teu é o deporte, o cinto de parques forestais que rodean a cidade, fana ideal para saír a facer sendeirismo ou...

domingo, 24 Agosto, 2025 - 14:20
Turismo de Vigo

4-7 de setembro: Celebra a Festa do Marisco en Vigo

A Festa do Marisco celébrase sempre en setembro para conmemorar a chegada dos meses con “r” e a apertura da tempada do mellor marisco da Ría de Vigo.

A festa contará cunha gran carpa gastronómica na que se ofrecerán pratos como zamburiñas, nécoras, bogavante, polbo á feira, empanadas e viños con Denominación de Orixe. O...

venres, 22 Agosto, 2025 - 11:30
Turismo de Vigo

Degusta en Vigo o auténtico mexillón de batea

mexillón é o rei da ría de Vigo. Cultivado con coidadas técnicas tradicionais nos centenares de bateas que salpican a costa de Vigo, o mexillón pódese degustar de decenas de formas distintas. A Festa do Mexillón de Vigo, que se celebrará o próximo 7 de setembro no parque de Castrelos, é a mellor forma de coñecer que é unha típica mexilonada. En palabras dun dos escritores galegos máis universais, Álvaro...

sábado, 24 Maio, 2025 - 15:29
Turismo de Vigo

En toda Galicia celebramos con rituais máxicos ancestrais a Noite de San Xoán, que sinala o comezo do verán e do triunfo da luz solar. O lume, a auga e as herbas aromáticas convértense en sortilexios da boa sorte para as colleitas que se aveciñan. Podes gozar das fogueiras e das sardiñas con pan de millo e viño tinto en todos os recunchos de Vigo.

Pero antes tes que subir ao faro das Cíes para ver a primeira posta de sol do verán no Atlántico e a chegada da noite máis curta. A baixa contaminación...

Páxinas