A nosa historia literaria comezou co vaivén das ondas da ría de Vigo, que inspiraron o noso trobador medieval Martin Codax para compor as súas fermosas cantigas. Foi o azar o que quixo que, sete séculos despois da súa composición, en 1914, un libreiro chamado Pedro Vindel atopase os seus versos nun pergamiño que facía de forro dun exemplar do De Officiis de Cicerón.
Vigo foi musa para escritores de todo o mundo. Desde Jules Verne ata os últimos best-sellers de Domingo Villar, pasando por Otero Pedrayo...