Actualidade

mércores, 11 Setembro, 2024 - 10:39
Turismo de Vigo

 

Viñeches a traballar e sabemos que tes pouco tempo para diversións, pero:

Goza das ostras:

Para que poidas probar o sabor do mar de Vigo, fresco, no seu punto e a un prezo xusto tes que degustar as famosas ostras de Vigo, que serven en plena rúa as “ostreiras”,  ábrenas para ti, no momento e con gran destreza, no seu ambiente típico e en perfecta maridaxe co albariño Rías Baixas, o Ribeiro novo ou a cana de cervexa.

Cata o marisco...

martes, 13 Agosto, 2024 - 11:07
Turismo de Vigo

A romaría urbana máis tradicional de Vigo

Na festa de San Roque, cada 16 de agosto, o santo milagreiroconverte o barrio que rodea o pazo de San Roque (onde se garda a súa figura) na maior romaría urbana de Vigo. A celebración mantén todos os costumes das festas campestres tradicionais.

Cada ano, son miles os fieis que se dan cita nos arredores da Praza de España, no barrio de San Roque, para manter viva a maior romaría de Vigo....

xoves, 2 Maio, 2024 - 10:49
Turismo de Vigo

O encontro do sector naval en España 21, 22 e 23 de Maio de 2024

A Feira Internacional de Industria Naval de Vigo, Navalia, é a primeira feira de España e o Sur de Europa no seu sector. A feira, centrada na construción naval, combina a exhibición con xornadas de traballo e máis de 40 relatorios cada ano. Celébrase en maio noInstituto Feiral de Vigo, con máis de 20.000 profesionais e unha cifra superior aos 5.000 millóns de euros de negocio.

Pistas e recomendacións: ...

xoves, 4 Abril, 2024 - 12:58
Turismo de Vigo

Venres 5 de abril

Ensaio xeral da expulsión dos franceses, pola noite.

Domingo 7 de abril

18:00 h.

Representación da Reconquista da Vila de Vigo polas rúas do Casco Vello e a expulsión do exército francés.

Mercado

Do venres 5 de abril ao domingo 7 de abril.

Este ano haberá máis de 200 postos de artesanía e gastronomía na zona histórica, Elduayen e o Paseo de Afonso.

Música tradicional

Do venres 5 de abril ao domingo 7 de abril.

Haberá varios “...

Páxinas