Auditorio de Castrelos
Un concerto ao aire libre en Castrelos
Os concertos en Castrelos son únicos: se tes a sorte de que a túa estancia en Vigo coincida cunha noite de concerto no Auditorio de Castrelos, nin o penses, vai!
Castrelos é o único auditorio ao aire libre de Vigo, un lugar máxico. Está situado en pleno Parque de Castrelos e ten unha parte de pago con aforo para unhas 5.000 persoas, pero detrás deste enorme foso hai gradas de acceso gratuíto para máis de 10.000 persoas.
O Auditorio de Castrelos recibiu a Oasis, Metallica, Leonard Cohen, Franz Ferdinand o Maná , entre unha longuísima lista de artistas internacionais. Algúns, como Mike Oldfield, namoráronse deste auditorio de tal forma que, aínda viñan a tocar a outro escenario, cambiaron de plans e deron o seu concerto neste fermoso recinto, que imita os teatros romanos.
CONCERTOS 2019
Mércores 17 de xullo: Ms Lauryn Hill.
Venres 19 de xullo: Leiva.
Martes 23 de xullo: Tom Jones.
Mércores 24 de xullo: Fangoria.
Venres 26 de xullo: Rick Astley.
Luns 29 de xullo: Roger Hodgson.
Xoves 1 de agosto: Thirty Seconds To Mars.
Venres 2 de agosto: Vetusta Morla / Xoel López / Furious Monkey House
Xoves 8 de agosto: David Bisbal.
No Parque de Castrelos, tamén encontrarás o Pazo-Museo Quiñones de León e tes á túa disposición varios xardíns e sendas para pasear.
Información práctica
-
Parque de Castrelos s/n
-
Teléfono:986 810 221