Centros comerciais abertos

Un paseo polas rúas comerciais de Vigo

As zonas comerciais abertas de Vigo son perfectas para ruar, tomar algo nas terrazas entre tenda e tenda e comprar practicamente de todo. Coñece os principais centros comerciais abertos de Vigo e goza dun entretido paseo de compras á vez que exploras os barrios máis característicos da cidade. 

As máis famosas son a zona comercial da rúa do Príncipe, a zona centro ou o barrio histórico, coas mellores mostras de artesanía local. Xunto a estas foron aparecendo outros centros comerciais abertos, resultado da unión de pequenos comercios, nos que podes comprar desde froita ata as últimas tendencias en moda, como no Calvario  no barrio de Lavadores.

Amosar como listado
Pistas e recomendacións: 

Tamén encontrarás animadas áreas comerciais nos barrios populares de Bouzas e Teis, e na zona das Travesas.