Museos e exposicións

Unha tarde para gozar da arte

Apetece unha tarde de museos e exposicións? En Vigo hai 6 museos, 3 fundacións artísticas e varias salas de exposicións repartidas pola cidade, principalmente no centro. Descubre a chamada milla de ouro da arte en Vigo e mergúllate en lugares cheos de inspiración e mostras de arte excepcionais.

Pero ademais de exposicións permanentes e temporais, poderás gozar de coleccións de arte en Vigo de primeiro nivel, como a de arte galega da Obra Social de Novacaixagalicia, que se pode visitar, previa cita, no fermoso edificio do Centro Social de Afundación, na rúa Policarpo Sanz.

Outra posibilidade é buscar entre a oferta expositiva das numerosas galerías de arte de Vigo e deixarte sorprender polas súas propostas.

Coñece todos os centros culturais e museos de Vigo e infórmate sobre a súa programación e os seus horarios, para que non te perdas ningún durante as túas vacacións.

Amosar como listado