Parque de Castrelos
Goza do maior parque urbano de Vigo
O parque máis grande de Vigo é Castrelos. Chamado Castrelis xa desde o século XIII, na actualidade ocupa 220.000 m². Ademais do pracer de pasear polos seus sendeiros, xunto ao río Lagares, o parque alberga o Museo Pazo Quiñones de León. É o lugar típico dos vigueses para celebrar vodas civís e ofrece ao visitante coidados xardíns de estilo francés e inglés, cheos do romanticismo de épocas pasadas.
Castrelos é, ademais, un parque para deportistas: hai un percorrido con marcas para adestrar e numerosas rutas para correr. E tamén é un dos mellores lugares de Vigo para ir con nenos, grazas ao seu enorme parque infantil e o seu su lago con patos e cisnes.
O auditorio de Castrelos, un fermoso anfiteatro ao aire libre, é o epicentro da música en Vigo cada verano: aquí organízanse os concertos máis multitudinarios da cidade.
Información práctica
-
Avda. de Castrelos