Actualidade

martes, 12 Decembro, 2023 - 13:50
Turismo de Vigo

Érase unha vez...

Un lugar máxico no que, durante o Nadal, as árbores, os bonecos de neve e os libros de contos se iluminan e se fan xigantes para que a todo o mundo se lle debuxe un sorriso ao velos.

@s nen@s poden escorregarse polo tobogán do poboado do Nadal, subirse a lombos do Camelo Real ou darse unha volta na Gran Noria.  Se queren, tamén poden chamar á porta da casa de Papá Noel e contarlle en persoa o bos e boas que foron ...

...

mércores, 6 Decembro, 2023 - 12:40
Turismo de Vigo

Celebra esta Noitevella na maior cidade de Galicia dunha forma especial.

Escolle o teu vestido e traxe de festa de Fin de Ano en Vigo. Temos moda para todos os gustos e petos: desde centros comerciais e prestixiosas firmas de deseño galego a bohemios mercados, cunha ampla selección de roupa de festa e complementos vintage para recibir o 2024.

E para a cea de fin de ano, escolle entre unha ampla oferta de hoteis,  ...

martes, 7 Novembro, 2023 - 15:54
Turismo de Vigo

Ir a un magosto é unha experiencia gastronómica imprescindible en Vigo durante o outono. É a fin da colleita e das castañas. Antigamente os veciños reuníanse para os traballos de conservación dos alimentos para o inverno, e hoxe un magosto é unha ocasión para reunirse de novo en torno ao lume, escoitar cancións tradicionais e degustar estes deliciosos froitos, que noutro tempo foron esenciais para a alimentación en Galicia. Hoxe expórtanse a todas partes do mundo, preparados como doces, en conserva ou en fariña. Pero a experiencia dun magosto...

xoves, 26 Outubro, 2023 - 16:11
Turismo de Vigo

Moitas persoas achéganse nestas datas a cemiterios e camposantos para lembrar e honrar a aqueles que xa non están entre nós. Así se manifesta a ancestral tradición que achega o mundo dos vivos e dos mortos unha vez recollidas as colleitas e co declinar da luz solar. Este sentir común recibe nomes diferentes en cada cultura: Samaín, Halloween, Defuntos, Santa Morte...

Pereiró é o maior cemiterio de Vigo. De propiedade municipal, foi proxectado por Jenaro de la Fuente a finais do s. XIX. A súa arquitectura e escultura funeraria alcanzan notable importancia e son...

Páxinas