Compras de Navidad

A zona comercial de Vigo transfórmase nun auténtico soño de Nadal

Desde o km cero da cidade e até o emblemático Farol da rúa Urzáiz, gozarás de elementos decorativos únicos que farán as delicias de nenos e maiores. E mentres paseas polo decorado do Nadal, podes aproveitar para comprar agasallos e antollos pola gran zona aberta comercial de Vigo.

Partimos de Porta do Sol, onde atoparemos un fermoso Carrusel veneciano que nos permite viaxar no tempo, a principios o s. XIX. Camiña agora pola rúa Príncipe, unha rúa peonil onde se sitúan as tendas das firmas máis coñecidas de moda galega, nacional e internacional, engalanada para a ocasión con grandes abetos  e unha luxosa iluminación. Durante o percorrido, atoparás a Papá Noel varias zorras de Papá Noel, nas que poderás fotografiarte,  e subindo pola rúa Eduardo Iglesias, verás outras pezas decorativas como un simpatico conxunto de monecos de neve. Duas familias de alces e huskies adornan tamén a fachada o museo MARCO.  Terminamos o percorrido na rúa Urzáiz, onde se atopa outro reclamo destas datas: a bóla xigante de luz.

Dende aquí podes baixar pola rúa Colón, cara á Noria, e visitar "Cíes Market", ou continuar de compras e subir por esta gran avenida cara ao gran paquete de agasallo situado en Gran Vía. Durante o traxecto verás tanto superficies de grandes marcas como pequenas tendas cheas de encanto.