Actualidade

mércores, 23 Agosto, 2017 - 14:22
Turismo de Vigo

7 - 10  de setembro: Celebra o día do marisco en Vigo

Festa do Marisco, que organiza o porto de Vigo, celébrase sempre en setembro, para celebrar a chegada dos meses con “r” e a apertura da temporada de mellor marisco na Ría de Vigo. Cada ano, nesta festa véndense 40 variedades diferentes de marisco a prezos máis que populares. Todo aderezado con postos de artesanía e baile folclórico, de xoves a domingo.

Pistas e recomendacións: 

Na ...

venres, 30 Xuño, 2017 - 12:33
Turismo de Vigo

A luminosa mañá do 1 de xullo de 2002 toda a ría de Vigo resplandecía en torno ás Illas Cíes, como calquera outro día de verán.

Pero era un día moi especial: iniciaban todas as illas de Galicia unha singradura de esperanza no futuro, coa entrada en vigor da Lei pola que se crea o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Culminábase así un longo proceso, ideado para preservar as illas con mimo,...

xoves, 18 Agosto, 2016 - 15:39
Turismo de Vigo

Dis Galicia e xa soñas con saborear peixe, marisco, empanada, lacón con grelos, albariño, licor café e, por suposto, polbo. O polbo é un clásico da cociña galega. A receita máis coñecida é o polbo á feira pero non é a única e na túa próxima escapada a Vigo poderás comprobalo:

POLBO Á FEIRA: o polbo por excelencia: servido en prato de madeira, aderezado con sal, aceite de oliva e pemento. A súa receita é sinxela, pero ninguén consegue o sabor que ten nunha festa, feira ou tapería de Galicia. Seguramente o segredo está na cantidade que se coce xunta.

...

xoves, 21 Xullo, 2016 - 10:15
Turismo de Vigo

A Vila romana de Toralla, xunto á praia do Vao, é a única da Galiza que está escavada integramente e pode visitarse.  O conxunto data dos s. IV ou V d.C. e consta da vivenda dos propietarios, a súa familia e os serventes e de unhas salinas das que obtiñan sal mariño para comerciar.

É un conxunto moi importante e singular, situado no que foi a propiedade da familia Mirambel, que descubriu e doou o xacemento á cidade. 

A visita á vila romana pode gozarse especialmente durante os meses de xullo e agosto, pola beleza da súa contorna e porque o xacemento ofrece visitas guiadas...

Páxinas